O Centro Terapéutico de Briz retomará a actividade o próximo 19 de Xaneiro.
Amplíase o servizo a 2 grupos de 10 persoas, 2 días a semana. Un grupo irá de 10:00 a 11:30 e o outro de 12:00 a 13:30 da mañán.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo xunto coa concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín reuníronse co presidente da nosa asociación para facer balance de como foi a actividade neste ano tan complicado marcado pola pandemia.