PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: “O TEU
PRIMEIRO EMPREGO” EN ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS
Este programa ten por finalidade facilitarlles ás e aos titulados universitarios e de ciclos
superiores de formación profesional o acceso, dentro da provincia, a un primeiro emprego
adecuado ao nivel de estudos cursados, para adquirir experiencia profesional e facilitar a súa
futura inserción no mercado laboral e así combater o desemprego xuvenil, evitar a
precariedade laboral e a evitar a marcha das persoas preparadas a nivel educativo da nosa
provincia.
Neste programa contratouse a unha Educadora Social para a colaboración na programación,
desenvolvemento e avaliación das actividades de estimulación cognitiva e psicomotricidade
realizadas con usuarios que padecen Alzheimer ou outro tipo de demencias mediante o
traballo directo cos usuarios co obxectivos de ralentizar o avance do deterioro das capacidades
cognitivas, físicas e sensoriais.
Os resultados benefician tanta á persoa contratada na adquisición de experiencia profesional
neste sector e facilitar a súa inserción no mundo laboral, así como ás persoas usuarias deste
programa na mellora da súa calidade de vida.

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar