Este fin de semana o Presidente e Secretario de Afapo participaron, en Santiago de Compostela, na presentación do “I Encontro de expertos do ALzheimer HOXE” que organiza a Federación Alzhéimer Galicia polo Día Mundial do Alzheimer. Tamén estivo presente a conselleira de Política Social, Fabiola García, onde subliñou a importancia do equilibrio entre saúde e servizos sociais para a atención ás persoas que sofren esta demencia e para as súas familias.