A pasada semana o presidente de Afapo, J.M. Fontenla, estivo en Silleda para reunirse ca Concelleira de Benestar Social e Sanidade, Ángela Troitiño e ca alcaldesa en funcións Mónica González, alí resumiron a actuación de 2020 e avanzaron no planteamento do Programa de Atención Integral para o ano 2021.
Nestes momentos atendemos a 23 persoas usuarias e as súas familias. Este ano ca chegada do confinamento atendemos as persoas de xeito telemático e no mes de Outubro retomáronse os obradoiros que rematarán este Xoves día 17.
Dende Afapo queremos agradecer ó Concello Silleda a confianza posta na nosa Asociación dende o ano 2014, cando comenzamos a traballar para mellorar a calidade de vida das persoas con demencia e das súas familias.